DIRECTORES E CREADORES DANSE CITA ESTA SEMANA NO CCG PARA ANALIZAR A SITUACIÓN DA ARTE CONTEMPORÃNEA
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2006.- A Sección de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará os dÃas 6, 7, 20 e 21 de xullo un seminario que baixo o tÃtulo “Arte: identidade e globalización” reunirá na capital galega a algúns dos máis destacados creadores, crÃticos, teóricos e directores de centros de arte da PenÃnsula, como Lourdes Fernández, directora de ARCO, Rafael Doctor, director do Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC), o creador Santiago Cirugeda e a crÃtica Anna MarÃa Guasch.
O obxectivo do encontro é analizar o que se está facendo en distintos focos artÃsticos activos na PenÃnsula que destacan pola súa situación periférica e pola forte presenza da súa identidade e memoria, como Cataluña, PaÃs Vasco, Lisboa e a propia Galicia. Trátase de achegarse a como a arte axuda a entender a tensión e a dialéctica que xorde na actualidade entre o local, o contorno inmediato, e o global, o internacional.
Para achegarse á topografÃa social, cultural e polÃtica que afecta a cada unha destas xeografÃas, participarán no encontro algúns dos máis activos profesionais do sector, axentes que participan da empresa da creación para explicar a súa experiencia e os seus campos de traballo e investigación. Entre a lista de participantes destaca un amplo abano de responsables de destacados centro de arte. Estarán Lourdes Fernández, directora de ARCO, a feira de referenza de arte contemporánea na PenÃnsula e unha das máis recoñecidas no ámbito europeo; Rafael Doctor, director do Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC), un dos centros de arte punteiros na actualidade; Juan de Nieves, director do Espai d'Art Contemporani de Castelló (EACC); pedro g. romero, director do emerxente Centro das Artes de sevilla, nuria enguita Mayo, directora de Proxectos da Fundació Antoni Tà pies e Pedro Lapa, director do Museo do Chiado (Portugal).
O punto de vista dos creadores estará representado na xornada por recoñecidos creadores cunha longa traxectoria, como Santiago Cirugeda e Francesc Abad, xunto a artistas das novas e puxantes xeracións, como Daniel GarcÃa Andújar e Toño Barreiro. Con eles, nomes como Manuel Vilariño, Antón Patiño e Fernando José Pereira amosarán a puxanza da arte contemporánea en España. Completan o programa crÃticos, comisarios e teóricos como Anna MarÃa Guasch, unha das máis recoñecidas no ámbito nacional, nilo casares, Jesús Rubio, Peio Aguirre, Miguel von Hafe Pérez e Javier Hernando.
O último dÃa de traballo, as xornadas estarán dedicadas a Galicia e serán os creadores, directores e crÃticos galegos os encargados de amosar as súas inquedanzas e perspectivas propias. Concretamente, estarán Alberto Ruiz de Samaniego, crÃtico de arte e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Carme Nogueira, artista visual; Pedro de Llano Neira, crÃtico de arte e investigador; Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane e Manuel Olveira, director do CGAC.
Coa celebración deste encontro, a Sección de Artes Plásticas quere continuar aportando novas perspectivas na formación dos profesionais galegos e novos elementos ao debate da creación actual en Galicia. AsÃ, o seminario está dirixido a creadores, estudantes e investigadores de diversas disciplinas, como a Arquitectura, Belas Artes, Humanidades, Historia de Arte e Deseño.