/  Galego   /  sobremesa de onte foi moi boa desas

sobremesa de onte foi moi boa desas

PERIFÉRICOS

A sobremesa de onte foi moi boa, desas que non se poden desaproveitar, e as gañas de ir ao curso tampouco eran moitas ou sexa que de novo cheguei tarde perdéndome esta vez a conferencia de . Unha mágoa porque tiña unha especial curiosidade en ver a súa conferencia. Eu xa coñecía a este crítico a través da súa no foro HARTE-L, unha gran idea que ten como obxectivo o intercambio de información de carácter artístico a través da rede pero que últimamente conta con pouquiña actividade.

Cando entrei na sala, Juan Nieves, director do Espai d´Art Contemporani de Castelló, estaba explicando o funcionamento desta institución centrándose especialmente na intervención que Santiago Cirugeda realizara para este edificio envolvéndoo cunha prótese estilo “hi-tech” (o que non me quedou moi claro era se tiña algunha funcionalidade ou era simplemente unha acción estética de maquillaxe arquitectónica). Tamén falou de pasada dese terremoto urbanístico que é Marina D´Or: “Ahora todo el mundo habla de Marina d´Or, ya nadie habla de Oropesa”.

Despois Daniel García Andújar, melena leonera e gafas de pasta, falou dalgúns dos proxectos nos que participou. García Andújar é un artista de tipo Muntadas que reflexiona sobre as problemáticas sociais tendo moi en conta as novas tecnoloxías (é creador por exemplo do portal e-valencia).

Das diferentes actividades que este artista presentou pareceume moi interesante un proxecto que, se non lembro mal, se chamaba I-SAM. Este proxecto consistía nunha hipótetica máquina que se lle daría a aquela xente que pide cartos na rúa para que aquelas persoas que lle quixeran dar limosna pero que non levaran diñeiro solto puidesen cargar a limosna coa súa tarxeta de crédito. Aínda que tiveron ofertas nunca chegaron a construír o prototipo e este proxecto I-SAM funcionou soamente como unha idea virtual ( a min crearíame certo resquemor ético a idea de fabricalo).

De postre deste primeiro día de conferencias tivemos unha mesa redonda que, áinda que tivo pouco que ver coa relación arte-identidade, estivo moi animada. García Andújar lanzou o debate das novas tecnoloxías, no só da ciberarte senón tamén dos medios de información cibernéticos (portais, blogs…). A Hernando non lle convencía moito esta idea, dicía que non chegaban a ter o nivel da prensa escrita e que o que peor lle parecía era que a xente podía criticar sen dar a cara amparándose no anonimato. A cuestión é ben interesante. Imaxino que se ti estás lendo isto estarás recibindo máis información sobre o curso que o que seguramente sairá na prensa escrita (o xornalista vai, saca a foto, está dez minutos e marcha). E ademáis internet da a posiblidade de que xente coma min, que non ten acceso a escribir noutro medio editorial, poidamos estar soltando este rollo patateiro ou zapateiro.

Hernando falaba ademáis do “exceso de información”. Como é investigador seguramente el saberá mellor que ninguén que hai pouquiños tema nos que non haxa “exceso de información”, e tamén me estou refirindo á información impresa de xeito convencional. O que resulta indubidable é que Internet democratiza a expresión de opinións, e esa desconfianza de cara á rede parte dunha desconfianza absurda nas persoas. Todo o mundo pode chegar aquí e deixar un comentario anónimo poñendo a parir o que eu digo (nunca permitiría alusións persoais, nen moito menos descalificacións) e eu téñome que fastidiar porque cando un se expresa nun medio ten que asumir ese risco. Pero o certo é que todos temos un pouco a mandíbula de cristal e nos fode que nos critiquen e o que pasa con internet é que é moi fácil falar en contra dos pensamentos e accións da xente (cousa que probablemente moitas veces fagamos inxustamente). O que tamén deberíamos aprender é a saber calibrar a importancia que ten cada crítica, temos que ter sempre presente que non todas son iguais e que non a todas lles temos que dar a mesma importancia.

Outro tema interesante que saíu na mesa redonda foi a do que visita os espazos artísticos. Mentras o director do Espai dicía que o dato cuantitivo non lle interesaba, que só era importante para os políticos, que o importante era o cualitivo. O director do defendía a importancia que ten o número de persoas que visitan os museos. Supoño que cada quen conta a feira como lle vai nela, pero ao estar a falar de espazos de carácter público o número de visitantes debe ser tido en conta porque o museo ten que aspirar a ter unha forte proxección social (e non estou falando de pagar publicidade nos medios), enraízarse no contexto co que co-habita e participar nel sen complexos (hai que recoñecer que tanto o Espai de Castellón coma o MUSAC de León semellan ser dous bos exemplos disto).

An artist who uses irony and presentation strategies that employ new communication technologies to question the democratic and equalitarian promises of these media and criticise the desire for control lying behind their apparent transparency. Based on the confirmation that new information and communication technologies are transforming our everyday life, Daniel G. Andújar created a fiction (Technologies To The People, 1996) designed to make us increase our awareness of the reality around us and of the deception in promises of free choice that are converted, irremissibly, into new forms of control and inequality. A long-time member of i rational.org (international reference point for art on the web) and founder of Technologies To The People , he is the creator of numerous projects on the Internet such as art-net-dortmund, e-barcelona.org, e-valencia.org, e-seoul.org, e-wac.org, e-sevilla.org, Materiales de artista, etc. He has directed numerous workshops for artists and social collectives in different countries.

Post a Comment

a