sobremesa de onte foi moi boa desas
PERIFÉRICOS A sobremesa de onte foi moi boa, desas que non se poden desaproveitar, e as gañas de ir ao curso tampouco eran moitas ou sexa que de novo cheguei tarde perdéndome esta vez a conferencia de Nilo Casares. Unha mágoa porque tiña unha especial curiosidade en ver a súa conferencia. Eu xa coñecía a este crítico a través da súa participación no foro HARTE-L, unha gran idea que ten como obxectivo o intercambio de información de carácter artístico a través da rede pero que últimamente conta con pouquiña actividade. Cando entrei na sala, Juan Nieves, director do Espai d´Art Contemporani de Castelló, estaba explicando o funcionamento desta institución centrándose especialmente na intervención que Santiago Cirugeda realizara para este edificio envolvéndoo cunha prótese estilo "hi-tech" (o que non me quedou moi claro era se tiña algunha funcionalidade ou era simplemente unha acción estética de maquillaxe arquitectónica). Tamén falou de pasada dese terremoto urbanístico que é Marina D´Or: "Ahora todo el mundo habla de Marina d´Or, ya nadie habla de Oropesa".